21 junio 2008

Bailador




As plantas, as flores, e o amor nas festas de San Xoán:

Para os celtas, os rituais que implican flores atópanse a miúdo relacionados co amor e a fertilidade, e teñen chegado estes simbolismos as actuais nacións celtas, como na Bretaña francesa, onde se celebra a festa de Xuño, na que os mozos xúntanse para celebrala arredor dun dolmen; so podían participar se tiñan mais de 16 anos e estaban solteiros. As mozas levaban ramiños de flores no peito, que, ó chegar colocaban no dolmen, se os seus namorados lles eran fieis as flores manteríanse frescas por semanas, pola contra, ó día seguinte estarían axadas.

Nas noites de San Xoán e San Pedro, colocábanse ramos nas fiestras das mozas e tamén se enramaba o lugar das cerimonias. No medio do poboado, colocábase a maia, planta herbácea perenne, que aparece por maio, mes da floración. Os maios era o culto que os celtas daban ás árbores, sacándose en procesión por estas datas.

Nalgunhas vilas, era costume por San Xoán ou por San Pedro compoñer xardíns, con sendeiros, con fontes... No medio erguíase unha especie de cenador, adornado con ramaxe e rosas, en que pousaban as raínas, nenas vestidas de branco e coroadas de flores que, cunha bandexa, ían pedindo para o seu xardín. Á noite iluminábase o xardín, tocaba música e bailábase. A tradición di, que na mañá de San Xoán, o arume das rosas acrecentase en suavidade e poder.


A danza de San Xoán:


A danza ten lugar ó remate dos rituais destas datas. Un grupo de belidas mozas, escollidas entre das mais bonitas, visten o seu mellor traxe; colócanse cada unha entre dos mozos que lles dan os brazos, coidando de levar rumbo a cabeza da danza ás que teñen mellor voz para cantar e ós mozos mais garridos, os cales marcarán o paso e levarán o ar da danza, marchando alegremente ó compás de cantos vivos, comezados co pé dereito, botándose sempre cara a ese lado. É a música que marca o compás dos corazóns; e é o corazón o alegre son da danza, a señora danza do señor San Xoán.


Refeita para a faciana:

Recoller, tódalas flores aromáticas que se queiran, cantas mais millor, desfacelas para quitarlles as partes verdes; unha vez apartadas éstas o resto das flores botalas nun recepente con auga de choiva recollida direitamente, é dicir: sen que teña pasado polos tellados ou semellantes. Se non se dispón desta auga, usar dunha fonte limpa e potable, e se isto non fora posible usar auga destilada, que se pode mercar na farmacia. Deixar amolecer ó fresco, tapando o recepente cun papel impermeable ou plastico de cociña dende o serán do día 23 de Xuño ata a maña do 24, día de San Xoán. Lavar a cara con esta auga, tres días seguidos.



Deixei o enlace da páxina, onde recollín este texto, debaixo de Bailador.
Disfrutade moito destes días tan cheos de maxia.... a bailar, a bailar...

7 comentarios:

Anónimo dijo...

pues bailemos, guada

Ogigia dijo...

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Me encantaaaaaaaaaaaaa!

Anónimo dijo...

Vale...y se supone que después de lavarte la cara durante 3 días ¿encuentras al amor de tu vida? Porque si es así, mañana voy a la farmacia.

mariett dijo...

A ver nena...
se trata de que bailes tú, no ellos, ok?

ybris dijo...

Me encanta San Juan en clave celta.
Parece más cerca de la naturaleza que del cielo.

Besos.

Sintagma in Blue dijo...

Coa miña nai sempre facíamos o ritual da auga de flores.

Bicos e bo solsticio.

doctorvitamorte dijo...

Que la música marque el compás de nuestros corazones.Y que con esta danza todo se renueve

En archivo