02 marzo 2009

Tristura moura



"Moi, moi, moi triste, a verdade é que si, dinlle moitas voltas a esta cabeza, e estou moi triste non porque o BNG perdera as eleccións, senón porque vexo peligrar moitas cousas, Guada, manter unha cousa, coidala, respetala, querela, mimala... leva toda unha vida, en cambio destruila leva só un instante, iso é o que sinto co goberno que vai chegar agora.

A lei de costas é no primeiro que estou a pensar. Castelao dicía que a Nosa Terra é nosa, e eu sempre digo que a Nosa Terra é nosa pero tamén dos que veñan atrás. Creo que os nosos netos deberán poder desfrutar de Valarés tal e como o coñecemos, ou a desembocadura do Anllóns...
Eu creo que o feito de loitar por uns ideais sen pensar en cartos pois debera de enchernos de credibilidade, non sei...

En fin, sempre nos quedará o País Vasco, pero eu a quen quero é a Galiza, sei que é unha carreira de fondo, e pasarán moitísimos anos para que nos poidan chegar a entender."

Rafa Castro Lema.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

buffffffffff

Tempero dijo...

Hace tiempo que el mundo, no sólo se ha vuelto loco, sino que está al revés, como tu foto.
Siempre querrás a tu tierra. Y yo.

Milleiros.

Suso Lista dijo...

Comparto,punto por punto. Seguiremos a loitar

ana p. dijo...

A terra seguiré sendo nosa, é acción da que hai que apoderarse, do non deixarse levar, do loitar polo que un cree, para que os que veñan detrás non teñan que coñecer a terra polas fotografías dos arquivos documentais. Non é tempo de rendirse senon de manterse alerta e facer o necesario para que a nosa voz non se extinga.

Suso Lista dijo...

Que? seica aínda tes resaca do sábado?

En archivo