26 noviembre 2010

BOLBORETA

Subín a montaña máis alta
onde só pousan os camiños do tempo,
onde o ceo
está tranquilo,
sen as duras feridas dos sóns do home
sen as duras feridas do fume ardente
sen as dores dos eternos pensamentos.

Subín a montaña máis alta
e pensaba que non había nada
pero estabas tí,
flor voadora,
sementando de pétalos
o aire,
sementando de cor
as cimas esquecidas,
sementando de luces froridas
a terra que non ten pés
e non para de correr
eterna, polas invisibles ondas
do tecido vento.


BOLBORETAde Víctor Manuel López Román



2 comentarios:

alexitimic dijo...

Xenial. Coma sempre. Eu de novo por aquí, así que agora seguireite máis. Unha aperta :)

50solesmás dijo...

Eres capaz de captar en un clic el alma de una mariposa... y con las palabras convertir en pura poesía los sentidos.
Gracias " captador" de la vida

En archivo