26 febrero 2009

Poemiña das Penas de Rodas

Penas de Rodas
(Gaioso-Outeiro de Rei- Lugo)



"En Gaioso, ollando a Chá
Hai duas penedas ergueitas.
¡Semellan non ser verdá
redondeces tan ben feitas!

As Penas de Rodas son
dous ollos alucinados
Que espían con atención
Ós eidos máis alonxados.

Si ambas penas se desfán
arde, co mundo, un tesouro:
¡unha pena é de alquitrán,
a outra unha trabe de ouro!

Non sodes, non, cantería,
ouh penas de encantamento.
¡Temo que calquera día
vos poida levar o vento!".


MANUEL MARÍA (Poeta da Terra Chá)




Conta unha lenda que no interior dunha das pedras hai ouro, que sería para o primeiro que lograra rompela. Pero a outra roca está chea de alcatrán, que se rompe brotará este en tal cantidade que inundará o mundo. Mor deso ó non poderse identificar cal é a roca do tesouro, sálvanse as dúas.

4 comentarios:

yole dijo...

Lo dicho voy a tener que aprender a besar en gallego.

Ogigia dijo...

Ah, mirada, cómo es, tan bello, leído en alto...

ybris dijo...

Justo como la caja de Pandora.
Sólo el miedo la protege de su destrucción.
Piedras que guardan su hermosura entre el temor y el deseo.
Un bello poema para un bello paisaje.

Bicos.

Tempero dijo...

Dentro de una piedra también hay siempre una escultura. Bueno, dos, una la propia piedra y otra la que vacía nuestra mano, imprime nuestra mente y eleva nuestro deseo. La piedra siempre es arena, muy fina.

Milleiros a la par.

En archivo